Prazas dispoñibles
Axuda mensual
Itinerarios formativos do Sector TIC
Programas de formación certificada
cunha axuda de 350€/mes para cada participante
cunha axuda de 350€/mes para cada participante
Inscríbete xa para non quedar sen a túa praza!
Que é o «Proxecto Impulsa»?
Un programa de emprego xuvenil que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago. Desenvolveranse 5 itinerarios de formación encadrados no sector das tecnoloxías e da comunicación (TIC)
¿Canto durará?
O programa vaise a desenvolver no ano 2018. A duración, dependendo de cada curso, pode oscilar entre as 400 e 500 horas lectivas, incluíndo as que corresponden a prácticas en empresas.
Como me inscribo?
Se cumpres os requisitos para participar e estás interesado, podes rexistrarte e facer a túa preinscrición premendo aquí.
Itinerarios formativos do Sector das TIC
Confección e publicación de páxinas web
460 horas
Requisito: nivel de estudos mínimo de ESO ou equivalente
Community management.
430 horas
Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente
Manexo profesional de drons, montaxe e mantemento, con especialización no seu uso para o sector audiovisual
400 horas.
Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente
Xestión de marketing e comunicación
500 horas
Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web
430 horas.
Requisito: nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente
A quen vai dirixido?
Ás mozas e mozos entre os 16 e os 29 anos, desempregadas/os, e que non estean integradas/os nos sistemas de educación ou formación. O programa ofertará 85 prazas con asignación prioritaria para os empadroados en Santiago, das que unha alta porcentaxe serán de preferencia para mulleres. Ademais, resérvanse varias prazas para participantes con discapacidade, migrantes de orixe estranxeira ou poboación xitana.
