A Xunta de Goberno aprobou hoxe o procedemento para a selección das persoas participantes no programa «Impulsa», que permitirá mellorar a empregabilidade de 85 mozos e mozas no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. As persoas interesadas en participar nas probas de selección deberán inscribirse na web da Axencia Local de Colocación.
O Plan xuvenil de cualificación profesional «Impulsa» está destinado a persoas de entre 16 e 30 anos que se atopen en situación de desemprego e que non participen en ningunha acción formativa ou educativa. O programa conta con cinco itinerarios formativos: Confección e publicación de páxinas web, Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web, Xestión de marketing e comunicación, Manexo de drons especializados no uso para o sector audiovisual e Community Manager. Para participar no programa é preciso ser graduado ou graduada en Bacharelato ou equivalente, salvo no caso do itinerario de Confección e publicación de páxinas web, para o que se solicita o título de ESO ou equivalente.
As persoas interesadas deberán inscribirse na web da Axencia Local de Colocación. O prazo para facelo será dende hoxe ata o 20 de setembro.
O programa «Impulsa» está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil.antes iniciais, 23 mulleres e 41 homes.

